Unha caixa ríxida cun nome único e os seguintes parámetros:
- posición: A posición en X e Y do centro de masa da caixa, relativa ao centro do mundo.
- ángulo: A rotación da caixa no sentido das agullas do reloxo.
- velocidade: A velocidade do centro de masa da caixa en metros por segundo.
- velocidade angular: A velocidade de rotación da caixa no sentido das agullas do reloxo.
- masa: A masa total da caixa, que influencia as forzas coa que a caixa interactúa con outros elementos.
- inercia: A dificultade que supón cambiar a rotación da caixa.
- momento: Unha cantidade fundamental da mecánica que se conserva ante a ausencia de forzas externas. É o produto da masa pola velocidade.
- momento angular: A cantidade pola que a caixa seguirá xirando a menos que un torque externo actúe sobre ela.
- enerxía cinética: O traballo necesario para acelerar o corpo dunha masa indicada do repouso á súa velocidade actual.
- tamaño: A anchura e a altura da caixa.